jueves, 30 de diciembre de 2010

¡ Lugo 10 !

Para saber  todo pincha sobre LUGO 10

Por qué Lugo 10?

O 30 de novembro do 2010 cúmprense 10 anos dun dos fitos que marcaron, sen dúbida, un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo.Esta distinción marcou un antes e un despois na forma de pensar dos lucenses, na autoestima e o orgullo dunha sociedade que avanzaba cara o século XXI.
Este premio, dalgún xeito contribuiu a que Lugo espertase, a cidade convenceuse de que tiña que ir facéndose un oco no camiño da modernización, respectando con orgullo a súa historia e o seu rico pasado romano.
Para que este cambio tivese lugar foi fundamental o papel que tivo a cidadanía que se implicou ao 100% nese proxecto. Por iso este aniversario ten a trascendencia de ser ademais unha homenaxe a un cambio de mentalidade.
Celebramos os 10 anos dese gran día, e somos conscientes da necesidade de recuperar ese espírito de traballo en equipo, solidario e autoesixente, que naceu na cidade de Lugo aquel 30 de novembro ao comprender que o nome de Lugo soa en todo o mundo con respecto.

muralla de Lugo
O Concello de Lugo quere seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio.
Sobre esa idea versará todo un programa de actividades e actos que se desenvolverán ao longo do ano, e que estarán dirixidos á cidadanía en xeral.
Todo o que se consegue na cidade de Lugo é grazas ao traballo de moitas persoas que apostan ao grande para que as cousas saian ben. Todas esas persoas son as verdadeiras protagonistas desta conmemoración.
Por iso queremos que a programación que se poña en marcha inclúa numerosas actividades na rúa. Cada acción que se programe debe ter como protagonista á Muralla, o pasado romano da cidade e o Camiño de Santiago que pasa por Lugo e que no ano 2010 ten un gran protagonismo coa celebración do Xacobeo. Neste senso seguimos á espera de que a Xunta decida o grao de compromiso que desexa adquirir con Lugo e con este aniversario.
-Noticia sacada de la página  de Lugo 10





No hay comentarios: